¡Benvid@!


Chegaches á páxina web do Ciclo Formativo "Sistemas Microinformáticos e Redes" do Instituto Ramón María Aller Ulloa de Lalín.

Fixemos esta web para que nos coñezas - a nós, ó centro educativo e á educación que ofrecemos - e para coñecerte.

Aquí atoparás a información que precisas para acceder ó ciclo, coñecer qué se aprende e cómo se aprende e as súas posibilidades de futuro, ademáis de achegarte un pouco máis á Formación Profesional. Tamén poderás escribir as túas preguntas e opinións e poñerte en contacto con nós e con outras persoas coma tí a través dos comentarios.

Se precias máis información ou estás interesad@ no ciclo, fainolo saber mediante este cuestionario.

Tamén podes acercarte ou chamar por teléfono ó instituto Aller Ulloa (986 780114) en horario de mañán.

Esta páxina web é un blog, así que tes que empezar a leela de abaixo á arriba. ¡Participa na conversación!


:: :: ::

Prazos de reserva e matrícula



Xa está aberto o prazo de admisión no ciclo formativo "Sistemas Microinformáticos e Redes" e no de Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas (DAI). Acércarte ó instituto Aller Ulloa (986 780114) en horario de mañán dende o 17 de xunio ata o 2 de xullo. Recorda que dispoñemos de 24 prazas.

Descárgate o impreso de admisión ó ciclo medio SMR ou o impreso de adminisión ó ciclo superior DAI. Entrégao na secretaría do Instituto xunto cunha fotocopia do DNI e do título que presentas para acceder ó ciclo. Se fixeches a proba de acceso (e a aprobaches) presenta unha fotocopia do certificado de superación da proba.

Se xa fixeches a admisión, non esquezas enviarnos un correo a davidg [arroba] edu.xunta.es para contactar contigo directamente.

Se queres saber cómo acceder ó ciclo, lee este post: acceso ó ciclo

Tes máis información sobre prazos, probas de acceso, titulacións e demáis na web da FP na Xunta de Galicia.

Escríbenos ou chama por teléfono para que te aclaremos calquera dúbida que posúas.

O ano que vén...

Esta é unha lista de propósitos e desexos dos profesores e alumnos.

Dende aquí invitámosvos a participar nas actividades que se tratan de organizar. Da igual o que esteades a estudiar: ESO, Bacherelato, Ciclos... a porta está aberta a todos. ¡Só buscamos un xeito de dar saída as nosas ideas!

Engade nos comentarios o que propones... velaí o primeiro:

  • visitar a Campus Party ou algunha das moitas da Galicia
  • organizar a nosa propia party informática no noso instituto
  • visitar os centros máis tecnolóxicamente significativos a nivel galego
  • averiguar quén é o tal "Ulloax"... ¿tes algunha suxerencia?

Cómo contactar con nós


Podes escribir neste blog nos
comentarios - embaixo de cada artículo - as dudas que posúas nas cuestións que se tratan ou os comentarios que desexes facer.

Envía tus dudas, peticións de información e comentarios á dirección de correo electrónico davidg [arroba] edu.xunta.es e te responderemos á maior brevedade posible.

Se usas
podes agregar e chamar ó contacto dgelpi

------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Chama ó teléfono 986780114 do Instituto Ramón María Aller Ulloa e solicita falar con Bruno, indicando que precisas información sobre os Ciclos de Informática.

Acércate ó insituto e pregunta por algún dos profesores do Departamento de Informática, e algún de nós atenderá encantado as túas dudas. Así, ademáis visitarás as instalacións e quizás conversar con algún dos estudantes do ciclo.

Pregunta se algún amigo teu (ou algún coñecido) está a estudiar no Ciclo este ano: eles son os que millor poden contar o que máis te interese...


¿Cómo accedo a estes estudios?

É posible acceder ó Ciclo de Grado Medio cumprindo algún destes requisitos (un é suficiente):
  • Ter o título da E.S.O.
  • ou ter superado 2º de B.U.P.
  • ou ter superado o Bacherelato.
  • ou estar en posesión do antigo título de FP1.
Se non satisfaces ningún dos requisitos anteriores e xa cumpriches os 17 anos ou vas cumprilos este ano, podes acceder mediante unha proba de acceso. As probas de acceso se celebran en Xuño. Debes inscribirte nos Institutos que teñen formación profesional (coma o noso) durante o mes de Maio. Olla cómo son as probas e cómo preparalas aquí: probas de acceso.

Todo esto está explicado con detalle na web da Xunta: acceso ós ciclos de grado medio.

¿E ó rematar estes estudios...?


Tes que ter en conta que o obxectivo desta formación é facilitar a obtención dun posto de traballo coma profesional cualificado.

Así, o alumno que supere esta ensinanza:
    • recibe o título de Técnico.
    • que permite exercer a profesión en calquera estado da Unión Europea.

Un técnico de formación profesional de grado medio ten varias opcións:
  • ¿Traballador contratado, empresario ou socios?:
    • No ciclo se proporcionan os coñecementos para desenvolverse nun entorno de traballo.
    • e tamén para crear e xestionar a súa propia empresa.
  • Co título de técnico se pode acceder ó Bacherelato.
  • Se cando remates o ciclo medio tes xa 18 anos (ou os cumpres ese ano), mediante unha proba podes acceder a un Ciclo Formativo de Grado Superior da mesma familia profesional. Na web da Xunta: acceso a ciclos de grado superior dispones de máis información. Co título de Técnico de Grado Superior é posible acceder á Universidade.
Na seguinte figura do Ministerio de Educación e Ciencia podes observar o itinerario que podes seguir a partires do ciclo de grado medio. Tes máis información sobre profesións e estudios en orient@.




As prácticas en empresas

A Formación no Centro de Traballo constitúe o derradeiro módulo que o alumno debe superar:
  • Os últimos dous meses do curso se desenrolan nunha empresa ou organismo público desempeñando labores propias do sector informático.


  • Baixo a guía, asistencia e supervisión de dous tutores: un profesor do centro educativo e un responsable asignado polo centro de traballo.
  • Completar de xeito satisfactorio as prácticas, en moitos casos significa a oferta dun contrato de traballo.
  • As empresas pertencen o eido local de Lalín e provincia...
  • ¿Gostaríate facer as prácticas nunha empresa ou organismo público dun país da Unión Europea?: a Consellería de Educación otorga becas para completar as prácticas nun país da Unión.

¿Cómo se aprende?


  • Os módulos posúen un marcado contido práctico, constituíndo as prácticas máis do 50% das horas de clase.
  • Os medios tecnolóxicos a disposición do alumno e do profesor son numerosos e diversos:
    • un ordenador por cada alumno
    • proxectores para impartir as clases mediante presentacións
    • conexión a Internet de libre acceso
    • todo o material preciso para desenrolar as prácticas
  • A propia clase é o laboratorio. Tamén se realizan tarefas de mantenemento noutras dependencias do instituto.
  • Estamos a traballar para desenrolar as clases dalgún dos módulos en inglés, de maneira optativa para ó alumno.
  • Se realizan visitas a centros, coma ó CESGA, que permitan ver ós alumnos os coñecementos que adquiren na práctica.
Tes máis fotos das aulas o dos compañeiros no noso álbum de fotos.


Os módulos


No primeiro curso atopamos os módulos:

  • Instalación e mantenemento de servizos de redes locais
      • Configuración de redes de ordenadores (LAN e wireless LAN)
      • Instalar e configurar dispositivos de interconexión de rede: tarxetas de rede, router, switch, hub, etc.
      • Manexo de ferramentas profesionais software e hadware.
  • Instalación e mantenemento de equipos e sistemas informáticos
      • Instalación, configuración e reparación de hardware
      • Manexo de ferramentas profesionais software e hardware
      • Diagnosticar e resolver problemas de funcionamento
      • Instalación e configuración de sistemas operativos: familia Windows, Linux (SuSE, Ubuntu, Mandriva), Mac OS X
  • Implantación e mantenemento de aplicacións ofimáticas e corporativas
      • Microsoft Office: Word, Excel, Power Point, Access
      • Open Office
  • Sistemas operativos en entornos monousuario e multiusuario
      • Administración de Windows XP, 2003 Server e Linux (SuSE, Ubuntu, Mandriva)
      • Instalación de utilidades (software) diversas
  • Relacións no equipo de traballo
      • Afrontar os conflictos e resolver problemas que se orixinen no entorno dun grupo de traballo
      • Traballar en equipo
      • Participar e moderar reunións

No segundo curso e só durante os seis primeiros meses:
  • Operaciones con bases de datos ofimáticas e corporativas
      • SQL, SQl-Server, MySQL...
  • Instalación e mantenemento de servizos de Internet
      • Instalar e configurar servicios clientes de acceso a Internet
      • Diagnosticar e resolver problemas de acceso a Internet en usuarios finais
  • Mantenemento de portais de información
      • Elaborar páxinas Web: HTML, PHP, JavaScript, CSS, XML, ASP NET.
      • Mantener a explotación dun sitio web dentro dos parámetros de rendemento e seguridade
  • Administración, xestión e comercialización na pequena empresa
      • Características que definen os diferentes contratos laborais vixentes máis habituais
      • Elaborar un proxecto de creación dunha pequena empresa
  • Formación e orientación laboral

Os dous últimos meses de curso se realizan prácticas nunha empresa
(formación en centro de traballo)
Atoparás os contidos detallados destes módulos neste documento: título e ensinanzas

¿Cómo?


  • Para conseguilo, os estudios compóñense dunha serie de asinaturas chamadas "módulos" distribuídas en un ano e medio de estudios (mais 2 meses de prácticas nunha empresa), cunha serie de características moi distintas ós estudios tradicionais de ESO, Bacherelato e Universidade.
  • A matrícula e os estudios son gratuitos para o alumno pois son financiados pola Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo. Trátase dunha iniciativa dos 25 países membros da Unión Europea para:
    • formar profesionais cualificados, no noso caso, nas novas tecnoloxías.
    • elevar ó nivel medio de cualificación e de cultura dos europeos.
    • combatir ó abandono escolar prematuro.
    • fomentar que a población adulta participe en actividades formativas.
    • convertir á Unión Europea na economía máis competitiva do mundo a través da educación e formación dos seus cidadáns.
  • O profesorado do ciclo tenta elaborar todos os materiais de estudio (apuntes, exercicios, etc.) que se precisan e empréganse materiais libres, para reducir custes ó alumnado e ó centro educativo.


Imos ver qué se estudia nestes módulos e de qué xeito.

¿Para qué?


Ademáis se aprende a:
  • navegar pola rede en condicións de seguridade axeitadas
  • empregar o correo electrónico con seguridade
  • coñecer as medidas de seguridade a seguir nos equipos e os programas informáticos
  • facer uso das novas utilidades software e servizos que ofrece Internet
  • facer unha páxina web coma esta (esto é un blog)
  • realizar chamadas dende o PC a teléfonos fixos e móviles
  • intercambiar arquivos mediante redes P2P
... e realizar outras tarefas indispensables hoxe en día para aproveitar as oportunidades que ofrece unha sociedade cada vez máis aberta ás persoas a través do uso das novas tecnoloxías da información.

¿Para qué?


Tamén están capacitados para:
    • conectar un fogar a Internet
    • montar, configurar e arranxar un ordenador
    • configurar cámaras dixitais e outros dispositivos multimedia (coma un móvil) nun PC
    • empregar aplicacións ofimáticas para elaborar documentos
    • programar páxinas web
    • entender manuais e documentación técnica, así coma comprender as revistas sobre novas tecnoloxías.

¿Para qué?


Os titulados nesta especialidade están capacitados para:

  • Instalar e manter equipos informáticos e sistemas informáticos
    • ordenadores (servidores e PC´s), impresoras, monitores, hardware multimedia
    • redes locales, redes wireless, cableado, hardware de rede
    • sistemas operativos
    • servizos de Internet
  • Desenvolver programas en contornos profesionais (empresas e organismos públicos)
  • Realizar a administración, xestión e comercialización nunha pequena empresa
Dada a natureza destes estudios, ó alumno mellora a súa comprensión do inglés escrito.

¿Qué é o ciclo ESI?


No ciclo de grao medio “Explotación de Sistemas Informáticos”, que impartimos no Instituto Ramón María Aller Ulloa en Lalín, pretendemos formar profesionais no mundo das novas tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) así coma acercar o coñecemento destes novos medios asociados coa informática ó maior número de persoas posible. O noso obxectivo é formar técnicos informáticos e persoas capaces de aproveitar o uso destas novas tecnoloxías na súa vida cotián.