¿E ó rematar estes estudios...?


Tes que ter en conta que o obxectivo desta formación é facilitar a obtención dun posto de traballo coma profesional cualificado.

Así, o alumno que supere esta ensinanza:
    • recibe o título de Técnico.
    • que permite exercer a profesión en calquera estado da Unión Europea.

Un técnico de formación profesional de grado medio ten varias opcións:
  • ¿Traballador contratado, empresario ou socios?:
    • No ciclo se proporcionan os coñecementos para desenvolverse nun entorno de traballo.
    • e tamén para crear e xestionar a súa propia empresa.
  • Co título de técnico se pode acceder ó Bacherelato.
  • Se cando remates o ciclo medio tes xa 18 anos (ou os cumpres ese ano), mediante unha proba podes acceder a un Ciclo Formativo de Grado Superior da mesma familia profesional. Na web da Xunta: acceso a ciclos de grado superior dispones de máis información. Co título de Técnico de Grado Superior é posible acceder á Universidade.
Na seguinte figura do Ministerio de Educación e Ciencia podes observar o itinerario que podes seguir a partires do ciclo de grado medio. Tes máis información sobre profesións e estudios en orient@.




No hay comentarios: